• Pedagoxía

    Dende p r á c i d o · d o m i n g o consideramos fundamental combinar a nosa faceta creativa e artística coas nosas inquedanzas pedagóxicas.

    

Segundo os contidos dos mesmos, propoñemos tres tipos de obradoiros:

Falamos

Impartimos cursos para todas aquelas persoas interesadas no traballo do corpo, así como cursos especificos para actrices,  actores, bailarínas e bailaríns, tanto profesionais como en proceso de formación.

Consideramos fundamental que a través destes obradoiros x intérprete poida adquirir ferramentas que lle sirvan nos seus proxectos futuros, non só como intérprete, senón tamén como creadorx, axudándolle a afianzar competencias coas que poder tomar conciencia de cómo respira o seu corpo en escena.

Se estás interesadx nalgunha das propostas de formación que dende p r á c i d o · d o m i n g o estamos levando a cabo, podesnos escribir a pracido.domingo@gmail.com ou premer aquí para contactar con p r á c i d o · d o m i n g o.

Cía Prácido Domingo