Palabras de Afonso Becerra tra-la estrea de “Non hai que ser unha casa para ter pantasmas”.

“BOAS NOTICIAS!
Nace unha nova compañía: Cía Prácido Domingo, cunha voz auténtica: o corpo en danza; cun texto poemático: a coreografía de imaxes dinámicas que tecen símbolos.
A Galiza teatral e dancística non é un país envellecido porque seguen a nacer criaturas fermosas de alto potencial.”

Afonso Becerra escrebe este artigo en ARTEZBLAI | periódico de las artes escénicas, tra-la estrea esta fin de semana en Teatro Ensalle | Vigo da nosa primeira creación: Non hai que ser unha casa para ter pantasmas.

Grazas por estas fermosas palabras a quen foi o noso profesor de Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e que acompaña coa súa escritura os pasos que imos dando.

 

Para ler o artigo completo, premer na seguinte ligazón:

http://www.artezblai.com/artezblai/fantasmas-y-transportaciones-en-pracido-domingo.html