Antón Lopo fala de “Non hai que ser unha casa…” no Diario Cultural da Radio Galega

“No Teatro Ensalle asistín a unha das pezas máis delicadas  e deliciosas que vin ultimamente. Unha desas alfaias que teñen o seu valor non tanto polo brillo dos metais senón pola compacta cor das pedras precisoas na que esa alfaia se monta. Refírome a Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, marabilloso título coa que se presenta a compañía p r a c i d o · d o m i n g o .”

Esto e moito máis di Antón Lopo acerca de Non hai que ser unha casa para ter pantasmas no Diario Cultural da Radio Galega.

Gracias a Antón Lopo por estar, contemplar e compartir toda esta beleza.

 

Para ouvir o comentario completo, premer na seguinte ligazón:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-14-12-2017-3581757