Residencia artística en Can Cun Quinqué + Festival HerDanza

Este Agosto comezamos a nosa experiencia cancunquinqueira en Santiago de Compostela! Esta sala de danza nos acollerá para axudar ás nosas pantasmas no seu proceso creativo por ver a luz. Agradecidas e felices nesta casa que durante o día se enche dos nosos corpos en movemento entre caos e cafés con avena.

E eiquí algunhas imaxes da máxica experiencia, días despois, da presentación de Non hai que ser unha casa para ter pantasmas no HerDanza – Festival de Danza Contemporánea en Espazos Herdados na Praza da Inmaculada de Santiago de Compostela.